Mancomún

OpenSSH 8.5, con UpdateHostKeys

Venres, 12 Marzo 2021
OpenSSH 8.5, con UpdateHostKeys

Lanzamento de OpenSSH 8.5, ferramenta de conectividade para inicio de sesión remoto co protocolo SSH que cifra todo o tráfico. OpenSSH ofrece un amplo conxunto de funcións de túnel seguro, varios métodos de autenticación e sofisticadas opcións de configuración.

Para suavizar a transición a novos algoritmos en OpenSSH 8.5, a configuración UpdateHostKeys está habilitada de forma predeterminada, o que permite cambiar automaticamente os clientes a algoritmos máis confiables.

Novidades: corrixiuse unha vulnerabilidade causada por volver liberar unha área de memoria xa liberada en ssh-agent, sshd agregou protección contra o paso de parámetros moi grandes cun nome de usuario ao subsistema PAM, entre outras.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal