Formación online en ofimática na aula CeMIT de Boiro

Luns, 15 Marzo 2021
Formación online en ofimática na aula CeMIT de Boiro

Nova oferta de cursos de ofimática en modalidade online aula CeMIT do Concello de Boiro. O curso de LibreOffice Base terá lugar do 22 ao 25 de marzo, e o de LibreOffice Impress do 29 ao 31 de marzo.

Base

Base é unha interface de base de datos de escritorio con todas as funcións, deseñado para satisfacer as necesidades dunha ampla gama de usuarios. É unha solución ideal para as necesidades sen complicacións, e para as persoas que requiren un sistema fácil de usar e de entender: os datos almacénanse dentro do arquivo de Base, e tamén contas con soporte nativo para arquivos planos de dBase.

Base proporciona asistentes para axudar aos usuarios que son novos no deseño de bases de datos (ou simplemente novos en Base) para crear táboas, consultas, formularios e informes, e fornécese cun conxunto de definicións de táboas predefinidas para o seguimento de activos, clientes, ordes de venda, facturas e moitos outros artigos comunmente útiles.

Base tamén atende aos usuarios avanzados e requirimentos empresariais, e proporciona controladores nativos para algúns dos motores de bases de datos multiusuario máis utilizados: MySQL/MariaDB, Adabas D, MS Access e PostgreSQL.

Impress

Impress é unha ferramenta que permite a creación de presentacións ou diapositivas multimedia dun xeito intuitivo e sinxelo.

Mediante o uso de Impress poden crearse diapositivas con debuxos, textos, diagramas así como diagramas vectoriais, así mesmo tamén se poden facer transicións entre diapositivas, animacións de texto e efectos multimedia.

O formato de ficheiro nativo de Impress é o ODP (Open Document Presentation), aínda que tamén pode utilizar outros formatos de presentacións. Así mesmo tamén pode exportar a presentación a diversos formatos como o PDF.

Sobre LibreOffice

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), presentacións (Impress), base de datos (Base), debuxo vectorial (Draw) e outras ferramentas.

O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.

LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.

Inscrición

As inscricións e toda a información poden facerse a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org, ou do teléfono 981 84 26 35 e 629 769 139.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal