Novela gráfica creada con software libre

Luns, 15 Marzo 2021
Novela gráfica creada con software libre

Anxo Sánchez, conservador do Museo de Prehistoria de Valencia, publicou a novela gráfica histórica “Balkar. La forja del guerrero.

Trátase dunha historia de ficción ambientada na Antiga Iberia (séculos VI-I a. C.) e que segue o clásico esquema do periplo do heroe: un vello sacerdote penetra na súa maltreita memoria para lembrar as fazañas de Balkar, lendario guerreiro ibérico. O primeiro volume recolle o tránsito á madurez do protagonista.

A novela pretende manter o maior rigor histórico posible en aspectos como vestimenta, armamento, arquitectura, ferramentas, elementos domésticos, etc. De feito, existe un apéndice final onde se definen algunhas destas cuestións desde a perspectiva da Arqueoloxía actual.

Balkar. La forja del guerrero

O seu autor comenta:
“Para a súa realización utilicei basicamente software libre: O noso querido Blender empregouse na creación de referencias e fondos, Inkscape no debuxo de cada unha das viñetas, Gimp no retoque de imaxes e, finalmente, para a maquetación e composición do libro utilicei Scribus.”

A novela está dispoñible en Amazon en versión Kindle e tapa branda.

Vídeo sobre a novela gráfica

Máis información

Balance do Plan de Acción 2022

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Decembro 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuais

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal