privacytools-es é unha tradución/adaptación da web en inglés privacytools.io. Nela atoparás información e consellos sobre varias ferramentas para conseguir manter a túa privacidade e anonimato na rede: navegadores recomendados ademais de configuracións e extensións para eles, servizos de correo, buscadores, redes sociais, sistemas operativos, e moito máis.
Segundo comenta o autor no seu blogue “victorhck in the free world”:
“… unha web cun deseño mellor, renovado e actualización das ferramentas e consellos que ofrece. Moitas partes de texto púideno recuperar, pero no seu maior parte está volta traducir e a crear.”
Está aloxada en GitLab, onde podemos atopar o código. A páxina segue sendo un recurso vixente e necesario para aquelas persoas que toman conciencia do rastrexo de empresas e gobernos e queren poñer algún remedio.