Agora podemos usar ProtonVPN de forma máis sinxela a través dunha interface gráfica en GNU/Linux.
Proton Technologies naceu no CERN. En 2014 construíron ProtonMail para que a privacidade en liña volvese ser unha realidade para todo o mundo. O proxecto ProtonVPN naceu da necesidade de protexer mellor aos activistas e xornalistas que utilizan ProtonMail.
ProtonMail e ProtonVPN seguen sendo apoiados principalmente pola comunidade e desenvolvidos coas achegas da mesma.
Características de seguridade da VPN: cando usas ProtonVPN para navegar pola web, a túa conexión está cifrada. Ao enrutar a túa conexión a través de túneles cifrados, as funcións de seguridade avanzadas de ProtonVPN garanten que un atacante non poida espiar a túa conexión. Tamén permite acceder a sitios web que poderían estar bloqueados no teu país.
Os servidores centrais están situados en centros de datos reforzados en Suíza, Islandia e Suecia, protexidos por fortes leis de privacidade, e operados en redes propias dedicadas.