A Aula CeMIT do Concello de Boiro anunciou novos cursos de formación en novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación para o mes de maio. As inscricións están abertas e deben formalizarse a través da Aula CeMIT do Centro Social de Boiro.

Entre o 20 e o 23 de maio vaise levar a cabo a formación en Deseño gráfico-vectorial con Inkscape, en horario de 10.00 a 12.00 horas.
Do 27 ao 30 de maio está programado o curso de Retoque de fotografías con GiMP no mesmo horario, de 10.00 a 12.00 horas.
As inscricións están abertas e poden facerse a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org, o teléfono 981 84 26 35 ou o móbil 629 769 139.
