Número 83 – Boletín Software Libre na Empresa – Abril 2024

Mércores, 24 Abril 2024
Número 83 – Boletín Software Libre na Empresa – Abril 2024
Portada do Número 83 – Boletín Software Libre na Empresa – Abril 2024

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como a Akademy-es 2024, o curso de Ofimática con LibreOffice na aula CeMIT de Ribeira, a Xornada de Software Libre Científico organizada por Melisa, o meetup Desvelando os segredos da rede de Kubernetes da Industriosa, os Repair Cafés que se están a organizar no museo Domus, e o Obradoiro de fabricación de PCB´s con CNC na Industriosa.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación da nova sobre South Savo que investiga que apoio precisan as empresas para a adopción de software libre. Publicamos tamén a nova sobre o Plan anual de Software Libre, un artigo sobre Proxectos libres de IA (MoEs, Mestura de Expertos), un programa de Mancomún podcast onde falamos coa xente do Proxecto Nós, e outra das Entrevistas a persoas da comunidade de software libre, nesta ocasión con Víctor Tilve.

Presentamos tamén novas seccións, a Axenda de Mancomún onde recollemos eventos da Comunidade Galega de Software e Hardware libre e a Apeiría, onde poder probar solucións empresariais de software libre de forma sinela, sen necesidade de instalar nada.

Proxecto destacado

Mozilla Firefox, navegador que non ten políticas de privacidade sospeitosas, nin portas traseiras para os anunciantes. Só un navegador rápido que non vende os teus datos, non te vixía e encárgase de bloquear a publicidade que te rastrexa. Dispoñíble en máis de 90 idiomas e compatible con equipos Windows, Mac, GNU/Linux, iOS e Android.

Logo de Firefox

Conta cunha ferramenta de captura de pantalla integrada, sincronización entre dispositivos, modo de lectura, verificación ortográfica, tradución automática, bloqueo de identificadores de pegada dixital e de criptomineiros, modo de navegación privada, alertas de violacións de datos en sitios web, xestor de contrasinais integrado, cobre automaticamente os formularios e conta con modo escuro, entre outras características.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal