Repair Cafés no museo Domus

Martes, 16 Abril 2024
Repair Cafés no museo Domus

O primeiro dos Repair Cafés mensuais levarase a cabo no museo Domus da Coruña, terá lugar o venres 26 de abril en horario de 17.00 a 20.00.

Logo do Repair Café A Coruña

E iso dos Repair Cafés, que son?

Un grupo de persoas voluntarias axudándose entre elas, para reparar diferentes tipos de obxectos: ordenadores, electrodomésticos, electrónica de consumo, bicicletas, roupa, mobles e todo o que se che ocorra.

Foto composición de varias imaxes dun Repair Café onde se ve a diferentes persoas axudándose a reparar trebellos electrónicos

Este Repair Café forma parte da rede de Bancos de Reciclaxe Electrónico con Software Libre de Galicia, que ten varios obxectivos:

– A difusión das tecnoloxías libres e a soberanía dixital.

– A promoción da electrónica ética, mediante a reutilización de equipos electrónicos para aumentar a súa vida útil. Isto implica unha diminución tanto dos residuos xerados como da extracción de materiais requiridos na fabricación.

– A redución da brecha dixital.

A organización do evento comentou:

“Actualmente existen 5 bancos en Galicia, que surxen da colaboración de varias asociacións e a implicación de ONGs de carácter social, que nos permiten canalizar os equipos cara ás persoas que os necesitan.”

Mapa onde se ve a localización de varios Repair Cafés en España e Francia.
Datos do Repair Café A Coruña
Dirección

Buscamos ir máis aló da reparación dos equipos, impartindo formacións sobre o uso destas tecnoloxías e talleres de reparación. Tamén damos charlas en institutos, chamando a atención sobre a procedencia dos materiais empregados na fabricación e que ocorre coa súa eliminación.”

Captura de la web de Restarters, con los datos del evento Repair Café mensual organizado por el Banco de Reciclaxe Electrónica con Software libre de A Coruña

Todos os bancos están xestionados por persoas voluntarias (unhas 25 en toda Galicia). Na Coruña, están implicadas persoas voluntarias da asociación Enxeñería Sen Fronteiras, Bricolabs e o museo Domus de A Coruña.”

Inscrición

Web do evento para anotarse ao Repair Café do 26 de abril, con imaxes de outros Repair Cafés organizados por nós: https://mobilizon.fr/events/e6690120-c84d-4d77-b11a-486807f53cee

Máis información a través do correo bancoreciclaxecoruna@galicia.isf.es ou do teléfono 616482579

Outra información de interese:

Ficha do Repair Café A Coruña, na plataforma oficial repaircafe.org :
https://www.repaircafe.org/es/cafe/repair-cafe-a-coruna/

Mapa mundial, con todos os Repair Cafés dados de alta na plataforma:
https://www.repaircafe.org/es/visitar/

– Ficha do Repair Café mensual na plataforma Restarters.net:
https://restarters.net/party/view/10636

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal