Publicada a “Guía de Boas Prácticas para Liberación de Contidos e Software”

Martes, 20 Setembro 2022
Publicada a “Guía de Boas Prácticas para Liberación de Contidos e Software”

Foi publicada a “Guía de Boas Prácticas para Liberación de Contidos e Software” no repositorio do portal de Mancomún.

Esta nova guía presentada, foi creada dende un principio pensando non tanto como guía de uso interno, senón para o público xeral. É por isto que ten un estilo máis didáctico, tratando de achegar os contidos dun xeito e cunha linguaxe máis cotián.

A guía comeza cunha introdución á Propiedade Intelectual e normativas que a regulan, nunha linguaxe simple que poida ser entendida por todo o mundo. Explícase o concepto de licenza de uso, que tipos de licenzas hai no eido do software libre, que implicacións ten apostar por un tipo ou por outras ou as compatibilidades e incompatibilidades que hai entre elas.

O lector atopará cales son os pasos a seguir e os aspectos que ter en conta para publicar contidos con licenzas libres e tamén como publicar un proxecto software baixo unha licenza destas características.

Máis información e descarga da guía

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal