Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Decembro

Martes, 28 Decembro 2021
Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Decembro

Xa está publicado o número 89 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Decembro.

Logo de WordPress

O proxecto destacado deste mes é WordPress, un solución para a xestión de contidos de sitios web.

No apartado de novas destacamos a publicación de dous episodio de Mancomún Podcast sobre casos de éxito de ferramentas libres, os resumos semanais en formato vídeo, dúas pílulas sobre ferramentas libres de uso cotián e varias apostas de administracións francesas e alemás polo software libre.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal