Redox 0.7, sistema operativo con micro kernel

Mércores, 18 Maio 2022
Redox 0.7, sistema operativo con micro kernel

Nova versión de Redox, a 0.7, sistema operativo baseado en Unix, que chega con melloras de rendemento e mellor soporte.

Redox utiliza un microkernel, onde os controladores execútanse no espazo do usuario en contornas illadas. Proporciónase unha capa POSIX para permitir que moitos programas se poidan executar.

Novidades: reescrito o xestor de arranque que mellora a compatibilidade con máis hardware. Correxíronse erros no kernel, traballouse para mellorar o rendemento e ampliar o soporte de hardware e o mapeo de toda a memoria física. O sistema de arquivos RedoxFS reescribiuse e agora usa CoW (Copy-on-Write), no que os cambios non sobrescriben a información, senón que se gardan nunha nova localización.

Soporte para actualizacións transaccionais, cifrado de datos utilizando o algoritmo AES. Melloras da biblioteca C estándar Relibc. Optimización do rendemento e adaptación do xestor de paquetes de carga para traballar na contorna Redox.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal