Revistas sobre LibreOffice dispoñibles para escolas e comunidades

Luns, 11 Setembro 2023
Revistas sobre LibreOffice dispoñibles para escolas e comunidades

No blog de “The Document Foundation”, avisan de que dispoñen de novas revistas de “LibreOffice Expert” para escolas e comunidades:

Recentemente, Linux New Media lanzou unha versión actualizada da súa revista “LibreOffice Expert”, que contén titoriais, consellos e trucos sobre LibreOffice. E algúns artigos foron achegados por membros da comunidade LibreOffice! As revistas veñen con DVDs que inclúen LibreOffice para GNU/Linux, Windows e macOS, xunto con extensións, vídeos e guías.

Varias revistas de LibreOffice Expert encima dunha mesa

“Temos algúns exemplares para regalar a escolas, universidades e comunidades locais. Idealmente, gustaríanos levar estas revistas a lugares onde non sempre hai conexión a Internet, para que os usuarios poidan beneficiarse realmente dos DVD.”

“Se podes axudarnos a distribuír estas revistas, escríbenos. Ten en conta que só podemos enviar un máximo de cinco exemplares a un mesmo lugar, para asegurarnos de que moita xente teña a oportunidade. Cando te poñas en contacto connosco (mike.saunders@documentfoundation.org), inclúe esta información:
– Que queres facer coas revistas
– Cantas queres
– A dirección á que debemos envialas”

(Nota: se desexa comprar a revista directamente á editorial, pode facelo aquí).

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal