O 31 de xaneiro, en horario de 17:00 a 20:00 horas e en modalidade virtual, o CNTG organiza o seminario “MongoDB: Impulsando a próxima xeración de aplicacións“.
Durante esta sesión poderás adquirir unha visión global de MongoDB como plataforma de datos moderna capaz de impulsar aplicacións da nova xeración con requisitos de tempo real, modelos flexibles e grandes volumes de datos, así como capacidades de IA xerativa.

Na sesión profundizarase de forma teórica e tamén a través de demostracións prácticas sobre como usar a plataforma de MongoDB Atlas para impulsar de maneira sinxela e eficiente aplicacións nun entorno multi-cloud, así como as ferramentas que permiten xestionar MongoDB de maneira sinxela.
Temario
MongoDB, a plataforma de datos para desenvolvedores/as
Retos actuais no desenvolvemento de aplicacións
Aproximacións Multicloud e despregamento agnóstico
Cando elixir MongoDB
Demo de MongoDB Atlas
Operacións básicas en MongoDB
Novidades en MongoDB Atlas
Ferramentas avanzadas de MongoDB Atlas (Online Arquive, Datalake, Search…)
GenAI con MongoDB
Ferramentas de migración de modelo relacional a MongoDB
Visualización de datos en MongoDB
MongoDB Atlas para edge computing
As prazas son limitadas.
