Nova versión de Shotcut, editor de vídeo de software libre e multiplataforma.
Novidades: a novidade que máis destaca é que agora pasa a usar a interface de usuario con Qt 6. Corrixíronse erros con imaxes que non se procesaban e controis visuais que non se mostraban. Compatibilidade con OpenSSL 3. Soporte de Wayland mellorado. Compilación Flatpak para a arquitectura ARM64.

En Windows emprégase agora Direct3D 11 directamente e conta con escalado fraccional. Optimizacións para a liña do tempo. Soporte de multiproceso na lectura de son e vídeo e previsualización máis rápida.
Regreso dos efectos de GPU. Filtro de seguimento de movemento. Uso de FFmpeg 6
