O 13 de marzo, en horario de 19:00 ata 20:00 horas, terá lugar no local da Industriosa a charla “Solana: unha guía para principiantes”.

Estás interesado en coñecer Solana, a plataforma blockchain de alto rendemento que pode revolucionar a industria 4.0? Tanto se es un principiante como se tes coñecementos básicos, este é un evento para ti.
Únete a Jose Corral nunha charla onde se abordará que é Solana, e onde se explicarán os conceptos principais da tecnoloxía.
Neste meetup vanse explicar:
– Unha explicación das funcionalidades principais e do potencial de Solana.
– As características clave que diferencian a Solana doutras plataformas blockchain.
– Coñecer os distintos casos de uso de Solana en diferentes industrias.
Jose Corral é un desenvolvedor de software no neobanco Qonto, previamente foi CTO de Bysidecar, e Kerad Games. Con ampla experiencia en applicacións feitas con tecnoloxía Solana.
A duración da charla será aproximadamente dunha hora. As prazas son limitadas, así que inscríbete xa.
Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica.
 
					 
		 
			
 
			 
				