The Document Foundation publicou LibreOffice na Mac App Store

Mércores, 16 Novembro 2022

The Document Foundation anunciou o lanzamento de LibreOffice na Mac App Store de Apple, para apoiar aos usuarios que queren obter todo o software de escritorio da canle oficial de vendas de Apple.

TDF cobrará 8,99 euros, que se investirá en apoiar o desenvolvemento do proxecto LibreOffice.

«Estamos agradecidos a Collabora por apoiar a LibreOffice na Mac App Stores de Apple durante moito tempo» dixo Italo Vignoli de LibreOffice.

«O obxectivo é satisfacer mellor as necesidades dos usuarios individuais e empresariais, aínda que sabemos que os efectos positivos do cambio non serán visibles ata dentro dun tempo. Educar ás empresas sobre o software libre non é unha tarefa trivial e acabamos de empezar a nosa viaxe nesta direcció».

The Document Foundation seguirá proporcionando LibreOffice para macOS de forma gratuíta desde o sitio web de LibreOffice, que é a fonte recomendada para todos os usuarios.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal