CopyQ (xestor de portapapeis de software libre, multiplataforma e con funcións avanzadas de gardado, edición e creación de scripts). Conta con opcións de engadir notas ou etiquetas, almacenaxe de texto, html, imaxes e outros formatos, filtros, historial, interface gráfica e aparencia personalizable, entre outras.
Novidades: novo motor de secuencia de comandos con funcións novas, rendemento mellorado, soporte para Wayland, xanelas emerxentes de notificación do sistema, novas opcións avanzadas permiten establecer intervalos e tempos de espera para copiar, pegar e enfocar a xanela.