O equipo de documentación de LibreOffice publicou a última versión da “Guía de introdución” actualizada ás características dispoñibles en LibreOffice 7.5.

Este libro foi escrito por voluntarios da comunidade LibreOffice, para calquera que queira poñerse ao día rapidamente con LibreOffice 7.5. Presenta as aplicacións de Writer (procesador de textos), Calc (follas de cálculo), Impress (presentacións), Draw (debuxos vectoriais), Math (editor de ecuacións) e Base (base de datos).

A actualización foi coordinada por Olivier Hallot con valiosas contribucións de Peter Schofield, Jean Weber, flywire e Nay Catina Dia-Schneebeli.
As Guías poden descargarse ou adquirirse en versión impresa no sitio web de Documentación, así como no repositorio do proxecto.