Volve a OSHWDem, o 7 de outubro

Luns, 17 Abril 2023

Xa pasaron 3 anos desde a última edición da OSHWDem e 4 desde a última en formato presencial.

A organización xa está a traballar para traela na súa versión máis orixinal. Anotade a data nas vosas axendas porque volve Oshwi!

Cartel del evento OSHWDem 2023

OSHWDem

OSHWDem (Open Source Hardware Demonstration) é unha feira de tecnoloxía onde se expoñen únicamente proxectos libres, é dicir, que as súas especificacións, esquemas e código foron publicados, de forma que calquera poida estudalos, entender o seu funcionamento, replicalos e mesmo melloralos…

Unha das feiras de tecnoloxías abertas máis grande de España, organizada por xente da Asociación Bricolabs, é un encontro onde makers de toda España (e algún do estranxeiro) expoñen as súas creacións relacionadas coa robótica, arte, Internet das Cousas, electrónica, hardware, software, ou calquera tema relacionado coas novas tecnoloxías.

A entrada é libre e gratuíta, para todos o públicos. A feira terá lugar o 7 de outubro, no Museo Domus da Coruña.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal