Webinars sobre Thunderbird e OBS na XVII Semana del Software Libre

Luns, 28 Novembro 2022

Desde o martes 29 de novembro ata o xoves 1 de decembro, terán lugar varios Webinars gratuítos (previa inscrición) dentro da XVII Semana do Software Libre, que terá lugar en formato online.

Os principais obxectivos deste evento son:
– Divulgar e dar a coñecer os programas de Software Libre de uso máis común.
– Fomentar o uso do Software Libre, tanto no ámbito doméstico como no profesional, mostrando as vantaxes deste tipo de solucións.
– Mostrar as similitudes nas formas de traballar entre diferentes sistemas libres e privativos, demostrando a súa eficacia como alternativas completas, prácticas e útiles.
– Achegar ás empresas TIC as tecnoloxías libres de desenvolvemento de primeiro nivel.

cartel

Programa

– Martes 29 de Novembro. De 18:00 a 19:00 h. EN LIÑA.
Aprende a manexar as túas contas de correo electrónico persoais e profesionais con Thunderbird, o cliente de correo electrónico libre máis usado. Relator: Mitxelko Sánchez, CEO e xerente de Mirys Informática.

– Mércores 30 de Novembro. De 18:00 a 19:00 h. EN LIÑA.
Reutiliza o teu vello PC con GNU/Linux. Aprende a instalar un sistema operativo Linux no teu PC e volve darlle utilidade como cando o compraches. Coñece os mellores sistemas operativos para equipos antigos. Relator: Mario Berdonces, SysAdmin e responsable técnico na Fundación Dédalo.

– Xoves 1 de Decembro. De 18:00 a 19:00 h. EN LIÑA.
Neste webinar veremos e coñeceremos unha das ferramentas Software Libre máis utilizadas para realización de streamings e gravación de vídeos, OBS Studio. Un software que está a ser máis usado cada día (mesmo por profesionais do sector audiovisual) e ten multitude de funcionalidades como: streaming (en multitude de plataformas), gravación, esceas, múltiples fontes de son e vídeo, mellora de son, plugins… etc. Relator: Rubén D. Mancera Morán, Coordinador do Plan de Competencias Dixitais para a Empregabilidade en Estremadura.

cartel

Inscrición nos webinars

Podedes facer a inscrición a través desta ligazón nos diferentes webinars.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal