Chamamento á comunidade wikimedista para documentar gráficamente as festas de interese turístico por medio do concurso fotográfico Wiki Loves Folclore.

Documentando as culturas populares
Consideramos que o folclore é unha parte importante da nosa cultura e do coñecemento que recollen e difunden Wikipedia e os seus proxectos irmáns. Por iso, convidan a participar con imaxes de festas catalogadas como de interese turístico —internacional, nacional, rexional ou provincial—, para que estean mellor ilustradas.
Para participar só necesitas unha conta en Wikimedia e publicar as túas imaxes seguindo as bases completas do concurso.
As fotografías deben mostrar algunha das festas de interese turístico que aparecen nestas listaxes. Entregaranse tres premios: de 300, 200 e 100 euros en vales de material fotográfico.
