Wiki Loves Folclore, concurso sobre festas de interese turístico

Xoves, 2 Febreiro 2023

Chamamento á comunidade wikimedista para documentar gráficamente as festas de interese turístico por medio do concurso fotográfico Wiki Loves Folclore.

Documentando as culturas populares

Consideramos que o folclore é unha parte importante da nosa cultura e do coñecemento que recollen e difunden Wikipedia e os seus proxectos irmáns. Por iso, convidan a participar con imaxes de festas catalogadas como de interese turístico —internacional, nacional, rexional ou provincial—, para que estean mellor ilustradas.

Para participar só necesitas unha conta en Wikimedia e publicar as túas imaxes seguindo as bases completas do concurso.

As fotografías deben mostrar algunha das festas de interese turístico que aparecen nestas listaxes. Entregaranse tres premios: de 300, 200 e 100 euros en vales de material fotográfico.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2022

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Decembro 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuais

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal