Wiki Loves Monuments 2022 España

Xoves, 1 Decembro 2022

Resultados da edición española 2022 de Wiki Loves Monuments, un dos concurso de fotografía máis grandes do mundo. O concurso, organizado por Wikimedia España, tivo lugar entre o 1 e o 30 de setembro e ten como obxectivo documentar o patrimonio cultural e facelo accesible a través de internet grazas á liberación masiva de imaxes no repositorio multimedia libre Wikimedia Commons.

Liberáronse 5.896 imaxes vinculadas co patrimonio cultural en España. Participaron un total de 143 persoas. Todas as imaxes que participaron no concurso poden utilizarse a partir de agora para ilustrar os contidos enciclopédicos da Wikipedia.

As 10 imaxes finalistas pasan á fase internacional do concurso, que cumpre a décimo segunda edición e conta cos seus propios premios e recoñecementos.

Primeiro premio WLM 2022 | Batería de Castillitos, Cartagena

Poco a poco CC-BY-SA 4.0

Segundo premio | Iglesia de San Manuel y San Benito, Madrid

Pablosievert CC-BY-SA 4.0

Terceiro premio | Albarracín

Fedoce1 CC-BY-SA 4.0

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal