A conferencia, organizada por Igalia, terá lugar nas instalacións do centro de conferencias Palexco, no centro da cidade da Coruña, do 17 ao 19 de outubro de 2023.
XDC 2023 é unha conferencia de tres días, na que teñen lugar charlas e talleres relacionados cos gráficos abertos (pila gráfica de código aberto: desde Wayland a X11, desde DRM/KMS a controladores Mesa, toolkits, librerías, kernel Linux…).

Esta é a conferencia á que debes acudir se estás involucrado no desenvolvemento de calquera parte da pila gráfica de código aberto. A inscrición é gratuíta e o evento está aberto ao público.
Haberá un evento de benvida a tarde do día anterior ao comezo da conferencia, o 16 de outubro, de 19:30 a 21:30 hora local.