O sábado 25 de novembro, en horario de 11.00 ata as 14.00, terá lugar a “Xornada de patrimonio (in)visible 2023 – San Xoán de Piñeiro”, organizada pola Comunidade O Zulo en colaboración coa Sociedade Cultural e Recreativa San Xoán de Piñeiro de Mugardos. A xornada terá lugar no propio local da sociedade cultural.
Desde o ano da súa fundación no 2003 Asociación Comunidade O Zulo toma conciencia e pon en valor nas súas actividades as características que nos definen como pobo: lingua, patrimonio e cultura. Proxectos como A Cultura da Auga, Abeancos ou Obaixoulla son un claro exemplo.

Dongil, Permuy, Rosa e Quina na edición de 2022 – Imaxe Álvaro Lamas
No mes de Novembro de 2022 celebraron a primeira “Xornada de Patrimonio (in)Visible“, centrada na parroquia de San Xiao de Mugardos. Conscientes da importancia do resto de parroquias da vila no eido cultural, presentan a segunda edición centrada na parroquia de San Xoán de Piñeiro.

Podes acceder ao mapa que se creou na primeira xornada, onde se trasladou a información recollida.
Inscrición
A entrada é libre e de balde.
Obxectivo
Coa xornada preténdese ampliar o mapa de patrimonio (in)visible de experiencias, lugares e sentimentos individuais e colectivos do territorio de Mugardos que se creou no ano 2023; desta volta coa xente de San Xoán de Piñeiro.
Fomentando unha participación aberta para dar visibilidade a aqueles espazos, historias e sentimentos que nos unen como comunidade ou que as veces fican esquecidos e invisibles.