Mancomún

Xornada de Software Libre Científico organizada por Melisa

Luns, 8 Abril 2024
Xornada de Software Libre Científico organizada por Melisa

O próximo 23 de abril terá lugar a VI edición da Xornada de Software Libre Científico. Este ano imos ata o Campus Terra de Lugo para poder compartir e dar a coñecer diferentes ferramentas libres para uso científico e académico.

A información sobre o programa está dispoñible na web da xornada, así como o formulario de inscrición. O acceso á xornada é libre e gratuíto.

Xornada de Software Libre Científico organizada por Melisa
Edición Campus Terra Lugo
23 de abril de 2024
Imaxes de rapaces na Universidade

Entre os proxectos que se presentarán cabe destacar os seguintes:

QGIS. É un Sistema de Información Xeográfica (SIX) de Código Aberto que forma parte da Open Source Geospatial Foundation.

ProjectLibre. Converteuse nun provedor global de software de xestión de proxectos cunha versión na nube e unha de escritorio de código aberto que substitúe a MS Project.

FreeCAD. É unha aplicación de código aberto e libre para o deseño por ordenador en tres dimensións. É un programa semellante no xeito de traballar a CATIA, Creo, Autodesk Inventor, SolidWork, TopSolid ou Solid Edge.

Xornada de Software Libre Científico organizada por Melisa
Infografía

Esta xornada está organizada pola Asociación MeLiSA, contando coa colaboración da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, e o patrocinio da AMTEGA grazas ao convenio de colaboración para a promoción do software libre.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal