O 28 de novembro, en horario de 9:30 a 11:30 horas, terá lugar a xornada en liña sobre “Software libre para xerar simulacións virtuais“.
Segundo o “Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia”, adscrito a AMTEGA, Galicia ocupa a sexta posición estatal no uso de software libre entre as pemes e as grandes empresas. No devandito uso obsérvanse diferenzas destacables atendendo ao sector.

Nesta xornada, organizada en colaboración entre a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica (AMTEGA), daranse a coñecer algunhas das ferramentas de software libre que permiten desenvolver aplicacións virtuais.
En primeiro lugar, David Pousada comezará con GIMP, o programa de edición e retoque de gráficos máis popular do software libre, que permite crear texturas para os modelos 3D. A continuación, Moncho Palleiro mostrará o programa Blender, software de modelado 3D gratuíto e de código aberto, que permite crear os modelos 3D, no que se utilizarán as texturas creadas. Finalmente, Óscar Carball amosará GODOT, motor de xogos multiplataforma de código aberto e gratuíto, no que se poden importar os modelos 3D creados e xerar as aplicacións virtuais que se precisen.
A xornada desenvolverase sobre unha ferramenta de videoconferencia de software libre – Big Blue Button, xestionada por AMTEGA.
Programa da xornada
Pódese acceder ao programa completo na seguinte ligazón.

Inscrición
A inscrición pódese facer a través desta ligazón.