As Xornadas de SIG Libre son un evento onde compartir e intercambiar coñecementos arredor das xeotecnoloxías libres e a ciencia de datos espaciais. Esta edición das xornadas celébranse presencialmente o próximo 12 e 13 de xuño de 2024 na Facultat de Letras e de Turismo da Universitat de Girona.

O evento reúne a persoas interesadas nas xeotecnoloxías e na ciencia de datos espaciais de diferentes partes do estado español. O programa consta de diversas comunicacións, lightning talks e workshops que poñen énfase no “COMO” se levou a cabo un proxecto ou unha solución, ademais de mostrar os resultados.

Algunhas das temáticas tratadas serán:
– Análise espacial e visualización de datos
– Desenvolvemento de software e Webmapping
– Observación da Terra
– Ciencia de datos espaciais
– Xeoestatística
– Datos abertos
#siglibre2024
#geodatascience2024
