Xornadas SIG Libre

Martes, 14 Maio 2024
Xornadas SIG Libre

As Xornadas de SIG Libre son un evento onde compartir e intercambiar coñecementos arredor das xeotecnoloxías libres e a ciencia de datos espaciais. Esta edición das xornadas celébranse presencialmente o próximo 12 e 13 de xuño de 2024 na Facultat de Letras e de Turismo da Universitat de Girona.

Captura da web das Xornadas SIG Libre

O evento reúne a persoas interesadas nas xeotecnoloxías e na ciencia de datos espaciais de diferentes partes do estado español. O programa consta de diversas comunicacións, lightning talks e workshops que poñen énfase no “COMO” se levou a cabo un proxecto ou unha solución, ademais de mostrar os resultados.

mapa coa localización das xornadas SIGlibre 2024

Algunhas das temáticas tratadas serán:

– Análise espacial e visualización de datos

– Desenvolvemento de software e Webmapping

– Observación da Terra

– Ciencia de datos espaciais

– Xeoestatística

– Datos abertos

#siglibre2024
#geodatascience2024

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal