O CESGA e os GUGL galegos asinan un convenio de colaboración

O CESGA e os Grupos Galegos de Usuarios de GNU/Linux (GUGL) veñen de firmar un convenio de colaboración co fin de acadar unha maior implantación do software libre en Galiza.
O acto da firma tivo lugar ás 12:00 nas dependencias da Xunta de Galicia, onde estiveron presentes a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela, o director xerente do CESGA,  Javier García Tobío, e os representantes dos diferentes grupos.

Os grupos asinantes son:
  • Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela (AULUSC)
  • Asociación de Usuarios GNIX (AGNIX)
  • Asociación Grupo de Usuarios de Linux de Ourense (GULO)
  • Asociación Universitaria Grupo de Programadores y Usuarios de Linux (GPUL)
  • Asociación Cultural Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPON)
  • Asociación Grupo de Usuarios de Linux de Galicia (GLUG).

O obxectivo principal é incentivar a realización de seminarios e congresos, a organización de actividades de difusión de diversa índole, así como tamén a elaboración de contidos de interese (CDs, publicacións…) no marco da Iniciativa Galega polo Software Libre – mancomun.org.

As diferentes propostas dos grupos plasmaranse nun plan de actuacións que deberá ser presentado nun prazo de 60 días e que, tras ser consensuado co CESGA, deberá materializarse no período que abrangue até decembro de 2007.

Fonte: Cesga  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal