O exército sueco migrará os seus servidores de Windows NT a servidores Red Hat. O acordo entre a empresa norteamericana e o goberno escandinavo contempla asistencia técnica en calquera departamento do exército. Actualmente Red Hat xa contaba con 200 servidores nas forzas armadas suecas polo que a familiaridade con este tipo de tecnoloxía foi tida moi en conta polo goberno sueco.
O exército sueco elixe Red Hat
