O goberno de Nixeria selecciona os Intel Classmate PC con Mandriva Linux

Mandriva anunciou que o goberno de Nixeria seleccionou os Intel Classmate PC con Mandriva Linux para un proxecto piloto a nivel nacional que será de uso educacional. A motivación deste proxecto é mellorar a calidade e tecnoloxía que se lles proporciona aos estudantes, e axudar aos mestres e familiares.

O Intel Classmate PC é unha solución educacional de pequeno tamaño, resistente e móbil especialmente deseñada para estudantes de primaria de mercados emerxentes. Comercializada en Maio deste ano trátase dun PC completamente funcional que foi posto a proba en máis de vintecinco países do mundo.

Os Intel Classmate PC fornecidos a Nixeria executarán unha versión específica de Mandriva Linux 2007 baseada na tecnoloxía Mandriva Flash.

Estas computadoras serán empregadas nas escolas locais de Nixeria por mestres, familiares e estudantes. Os estudantes usarán estas máquinas para adquirir os coñecementos necesarios sobre as tecnoloxías da Información e as Telecomunicacións, e os profesores intentarán mellorar con elas os seus coñecementos.

 

Fonte:http://www.mandriva.com/enterprise/en/company/press/nigerian-education-selects-intel-powered-classmate-pc-with-mandriva-linux

 

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal