Mancomún

O grupo PSA Peugeot-Citroën migrará 20 000 equipos a GNU/Linux

O grupo PSA Peugeot-Citroën migrará 20 000 equipos a GNU/Linux

http://www.mancomun.org/images/stories/tux_grande.jpgO fabricante de automóbiles francés «Peugeot Citroën» fará unha das migracións máis grandes a sistemas operativos con Software Libre para os seus computadores de escritorio, dos cales migrará uns 20.000, e tamén mercou o soporte para 2.500 servidores.

Peugeot converterá 20.000 dos seus 72.000 usuarios en GNU/Linux, para o que empregará a distribución Novell GNU/Linux SuSE Enteprise Desktop. O paquete tamén inclúe a versión 2 de OpenOffice.org modificada por Novell que garante a compatibilidade co formato de Microsoft Office. Tanto os computadores de usuario como os servidores terán que integrarse nunha infraestrutura Windows típica, incluíndo Active Directory e Microsoft Office…

Segundo parece, a migración segue aínda na fase inicial de formulación mais o seu proceso comezará axiña, segundo palabras de Guy Lunardi, directivo de Novell.Ao mesmo tempo, Lunardi salientou que o novo equipamento non requirirá clases de adaptación para o persoal agás por un pequeno folleto onde se recollen as principais diferenzas entre os sistemas.

Peugeot esta a programar o emprego das estacións con GNU/Linux nunha ampla variedade de áreas que van desde a manufacturación até as vendas.

Esta compañía xa completara un proxecto piloto para 300 usuarios baseado en Mandriva GNU/Linux, distribución dunha empresa francesa empregada actualmente no Ministerio de Agricultura e Pesca francés. No entanto, Lundardi non explicou o porqué do cambio de Madriva a Novell SuSE.

Máis información na fonte da nova:
InformationWeek

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal