MapServer é unha implementación de código aberto dunha ferramenta xeoespacial ou sistema de información xeográfica (SIX) á que o ministerio holandés desexa engadir soporte para «Keyhole Markup Language» (KML) que é o que Google emprega para as ferramentas Google Earth e Google Maps.
O soporte para KML (cuxas especificacións foron enviadas en abril deste ano á OGC) incluiríase a partir da versión 5 de MapServer que se agarda saia en setembro deste ano
O consello de administración holandés de obras públicas (que patrocina esta implementación de KML en Mapserver) agarda poder ofrecerlle á cidadanía información xeográfica en tres dimensións empregando a tecnoloxía KML e ofrecer esta información conxuntamente con Google Earth. «Isto permitiralle á cidadanía ver, por exemplo, exactamente como quedará unha ponte que se planee construír na súa veciñanza».
O soporte de KML tamén será liberado como código aberto e libre, un feito que lles permitirá a outros concellos e departamentos da cidade desenvolver servizos semellantes, segundo agarda o director de proxectos Thijs van Menen.
A empresa contratada para desenvolver esta nova funcionalidade foi DM Solutions, unha compañía canadense de software activamente implicada no desenvolvemento de Mapserver.
Ligazón á fonte en inglés en IDABC
Ligazón á noticia orixinal en holandés ososs.nl