O New York Times vén de liberar dúas aplicacións que usan na edición dixital do seu xornal. As aplicacións son XSL Cache e DBSlayer:
- XSL Cache é un complemento de PHP que usan para gardar en memoria caché as follas de estilo da súa propia web.
- DBSlayer é unha ferramenta que desenvolveron para mellorar o escalado da arquitectura LAMP no que se refire aos problemas relacionados coa base de datos, a súa replicación e os límites de conexións á mesma
Estas ferramentas foron desenvolvidas polo NY Times debido á grande cantidade de tráfico que reciben no seu portal…
Fonte orixinal da noticia:
http://www.linux.com