O "OLPC" implantouse xa en Uruguai e aos nenos ensinaráselles Linux

O ambicioso proxecto sen ánimo de lucro “One Laptop Per Children” (OLPC), que comezou no ano 2005 Nicholas Negroponte, daquela director do laboratorio de medios do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, por fin é unha realidade en Uruguai. Os nenos están tomando contacto cos computadores en principio con xogos, procesadores de texto e múltiplos libros no idioma local. Máis adiante, ensinaráselles o sistema operativo GNU/Linux xa que estas máquinas operan coa distribución Fedora Linux. ..

Os computadores son moi potentes, teñen unhas 12 horas de autonomía de batería, fálanse mutuamente de forma automática, teñen chat de voz, poden compartir ficheiros e todo se pode facer entre eles sen a necesidade de conexión á rede. Estase a observar que, grazas a isto, os estudantes están máis involucrados en aprender do que o estaban antes. Os computadores custan actualmente 175 dólares, aínda que o proxecto calculou que o prezo podería baixar ata os 100 dólares tan axiña como se comecen a fabricar de maneira masiva. Outros países que tamén amosan moito interese polo proxecto son Arxentina, o Brasil, Costa Rica, a República Dominicana, Camboxa, Exipto, Etiopía, Libia, Nixeria, Paquistán, Rusia, Ruanda e Tailandia.

Fonte:
http://www.laflecha.net/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal