O parlamento Danés alcanza un acordo sobres os estándares abertos

O Parlamento danés alcanza un acordo sobre os estándares abertos tras once horas de debate

Fonte: Open Source News – 16 June 2006 – Denmark Policies and Announcements (http://ec.europa.eu/idabc/en/document/5650/469)

Despois de semanas de quentes debates, o parlamento danés acadou unha resolución o desenvolvemento de estándares abertos para aplicacións públicas no ano 2008

O borrador de resolución sobre estándares abertos foi recopilada e presentada por Morten Helveg do partido Social Liberal. A moción acadou forte resistencia polo goberno do partido Liberal Conservador ata que o partido pro-gubernamental do Pobo Danés tamén posicionouse a favor do plan.

Despois de moitas negociacións entres os diferentes grupos parlamentarios, os membros do parlamento aprobaron a resolución só horas antes das vacacións de verán. “Dinamarca e agora unha nación con un mandato parlamentario favorable aos estándares abertos”, escribiu John Gotze, un consultor independente Danés defensor do Software de Código Aberto.

A resolución parlamentaria conducira a adopción do formato de documento aberto (ODF) polos servizos do goberno Danés. O ministro de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación elaborará un plano para que todolos documentos sexan dispoñibles en ODF para o mes de setembro de 2006.

ODF é tamen coñecido como o OASIS Open Document Format para aplicacións ofimáticas. Este formato de Documento Aberto pode usarse para almacenar e intercambiar documentos ofimáticos tales como follas de cálculo, bases de datos e presentacións. O estándar basease no formato de ficheiro XML creado orixinalmento por OpenOffice.org.

  

© European Communities 2006
Reproduction is authorised provided the source is acknowledged.
The views expressed are not an official position of the European Commission.
 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal