Un estudo de Forrester e Unisys sobre 500 responsábeis de sistemas de
empresas de Europa e de EEUU demostra que as principais razóns polas
que as corporacións adoptan o código aberto é para reducir custos
operativos (o 62% opina isto).
Porén, Forrester insiste que o prezo non é a única razón. Os
directivos que se enquisaron resaltan outras vantaxes como a
flexibilidade do negocio, a compatibilidade cos estándares abertos, o
uso do código sen restricións e o feito de non depender dun único
provedor.
A FSF desde sempre destacou as catro liberdades do software libre (uso,
análise, distribución e modificación) como as virtudes fundamentais e
nunca o seu prezo.
Resulta evidente que calquera migración implica un custo asociado ás
tecnoloxías; no entanto, en moitos casos este custo resulta
moi barato por non depender dunha tecnoloxía que pode deixar de existir
ou que non ofrece toda a funcionalidade requirida. Os contornos con
software libre achegan a liberdade necesaria de adaptación aos
sistemas; esta flexibilidade, unida ao feito que non se necesiten
comprar licenzas en cada ampliación, son as que aumentan a
produtividade e dotan da liberdade precisa para unha correcta
escalabilidade dos sistemas.
Ligazóns:
http://www.elpais.com/articulo/tecnologia/realmente/economico/software/codigo/abierto/elpeputec/20070523elpeputec_1/Tes
http://www.fsf.org/licensing/essays
http://www.gnu.org/philosophy/
http://www.fsf.org/
