ODF (Open Document Format) apoiado incluso por Microsoft

Microsoft apoia ODF (Open Document Format). A compañía anunciou onte que votou para engadir ODF 1.0 á lista do Instituto Nacional de Estándares Americanos (ANSI) . O formato ODF (ODT, etc) é usado polo competidor libre de Office chamado OpenOffice que se pode descargar en galego dende esta páxina de mancomun ademais de estar soportado tamén por: KOffice e empresas da talla de: IBM, Sun, Oracle, Corel, Novell, Opera e RedHat.

Segundo declaracións do encargado de estándares e interoperabilidade de Microsoft, “Escoitamos aos nosos clientes e eles dixéronnos que querían elixir, queren interoperabilidade, queren innovación”, se ben outras fontes comentan que Microsoft xa perdeu importantes contratos coa administración estadounidense por non seguir certos estándares ou non soportar formatos coma PDF o ODF …

De todos modos, Microsoft intenta engadir á lista o seu “Open XML” como formato de arquivo usado polo seu Office 2007. Outras voces como por exemplo a do vicepresidente de IBM de Software Libre e estándares abertos din «Microsoft pensa que necesitamos moitos estándares: Os estándares da industria ademais dos que eles inventan. Iso é o porqué de que queiran “elixir” se non hai elección a industria non usará o que Microsoft cree». Non é casualidade pois IBM é o máis firme opoñente dos esforzos de Microsoft por estandarizar o seu Open XML, de feito, foi o único membro do Ecma en votar en contra de usar este formato coñecido como OOXML.

Fonte:
http://www.adtmag.com/article.aspx?id=20680

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal