OGRE, é motor de renderizado 3D flexible e orientado a obxectos, funciona en múltiples plataformas como MS Windows, Mac OS X ou GNU/Linux, a parte de ser deseñado coa idea de facer máis sinxelo o desenvolvemento de xogos/aplicacións 3D que exploten ao máximo as posibilidades materiais das tarxetas 3D. Ofrece un sistema de partículas e de xestión de recursos moi potentes, ademais de toda unha serie de funcionalidades moi interesantes.
OGRE emprega unha linguaxe de descrición de materiais que permite a súa xestión de forma independente ao código fonte da aplicación, dando soporte para vertex e shaders, HLSL (DirectX), GLSL (OpenGL) e Cg (DirectX/OpenGL). Conta con soporte para texturas PNG, JPEG, BMP, DDS e DXT/S3TC, así como texturas variables en tempo real. En canto ao modelado, permite a edición externa dende Blender, Wings3D, …