Desde o ano 2005 está dispoñible para Mac o conxunto de ferramentas ofimáticas OpenOffice.org. Sen embargo é preciso ter instalado o entorno gráfico x11 ou ben podíase ter instalado NeoOffice, proxecto baseado en OpenOffice.org pero independente. A partir do vindeiro ano OpenOffice.org ofrecerá unha versión con soporte nativo para Mac OS X e súa interface Aqua grazas á colaboración de Sun Microsystems.
Xa está dispoñible unha versión alfa preparada para traballar con Mac OS X 10 ou 10.5 que se pode executar en Mac baseados en PowerPc ou Intel.
Instálase facilmente, intégrase mellor coa interface de OS X (con menús de desprazamento, atallos de teclado por exemplo), usa os tipos de letra de Mac OS X e os servizos de impresión sen unha configuración adicional. Ademais intégrase ben co clipboard de Mac OS X e permite arrastrar elementos entre aplicacións de Mac.
Sen embargo, require máis memoria ca versión X11 para lograr con el un bo rendemento. Algunhas funcións son especialmente lentas e depende do desenvolvemento do software de OpenOffice.org.