No blogue de Kai Ahrens, enxeñeiro de Sun, pódese ler unha nova que nos fala que o equipo desenvolvemento de Sun está preparando todo para que OpenOffice.org poida importar arquivos PDF. Parece ser que a primeira versión deste filtro nativo para editar PDF estará dispoñible nos vindeiros meses.
Tradución dun extracto do blog:
“Fai xa uns anos que existe un filtro de exportación que funciona moi ben, agora é hora de dar os pasos finais para conseguir o soporte completo para PDF. Si, estamos falando de implementar un filtro de importación nativo de PDF para o OpenOffice.org xunto co equipo de desenvolvemento de OOo Graphics de Sun.
A tarefa pode parecer trivial neste momento, mais hai algúns temas que necesitan ser discutidos en detalle antes de que o desenvolvemento comece. Un deles concirne a aplicación OpenOffice.org, xa que o filtro non se limitará a facer unha simple importación do PDF…”
“Non quero adiantar detalles do estado e a fase de desenvolvemento actual, pero podedes estar seguros de que a solución final está pensada para servir de reemprazo total das ferramentas dispoñibles que usades no voso traballa, preservando o estilo e presentación o mellor posible e ofrecendo ademais capacidades de edición para o documento importado, unha característica que non se obtén gratis da maioría das ferramentas máis comúns. Soa xenial, non?”.
Máis información no blogue:
Blogue de Kai Ahrens
