OpenSUSE lanza a nova versión de "openSUSE Build Service" (OBS)

OpenSUSE lanza a nova versión de "openSUSE Build Service" (OBS)

http://www.mancomun.org/images/stories/opensuse.jpgNas roldas de correo de openSUSE atopamos o seguinte anuncio:
“O equipo de openSUSE está orgulloso de presentar a nova versión de openSUSE Build Service (OBS). Esta nova versión ofrece un novo nivel na escalabilidade a OBS grazas á nova funcionalidade que é a habilidade de interactuar entre diversas estancias de OBS.

A versión 0.9 axudará a crear a unha rede global de instancias de OBS que interactuarán entre elas e detectarán se determinado proxecto está residindo xa en outra instancia de OBS. As novas instalacións de OBS estarán configuradas por defecto para traballar co servizo de compilación principal de openSUSE. Esto fará máis sinxelo a instalación de novos servizos e diminuirá o tráfico de rede ao mesmo tempo que mantén os datos sincronizados automaticamente…”

Esta versión 0.9 tamén engade a funcionalidade de automaticamente crear paquetes multilibrería usando baselib para arquitecturas de procesadores que soportan binarios de 32 e 64 bits.

Podes ler toda a información sobre esta nova versión de OBS no anuncio do seu lanzamento:
http://lists.opensuse.org/opensuse-announce/2008-04/msg00008.html

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal