Phone Manager é un programa feito para permitir o control dalgunhas funcións dos teléfonos móbiles. Está licenciado baixo [[GPL]].
Este software aínda está inmaduro, e algunhas das súas características son:
- Executase como servizo, indicando o estado na barra de estado
- Mostra unha alerta cando chega unha mensaxe (SMS)
- Facilita o envío de mensaxes de texto (SMS)
Nun futuro agárdase que teña outras melloras como a integración coa axenda de enderezos, monitorización e marcado de chamadas,etc
Soporta calquera tipo de móbil que poida conectarse ao computador por un porto serie: vía Bluetooth, infravermellos ou un cable serie. Soamente require a versión 2.10.x das [[GTK+]], o subsistema [[GNOME]] Bluetooth e a biblioteca libgnokii.