Unha das seccións do portal de Mancomún, está destinada ao Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre.
Este Premio busca fomentar o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, e á liberación dos proxectos Fin de Carreira, dos traballos Fin de Grao e dos traballos de Fin de Master.
Por certo, inda te podes apuntar ata o 30 de setembro.

Entrevista a Alejo Pacín, gañador do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre da edición 2018
Hoxe temos nos micros a Alejo Pacín, gañador da edición do 2018 e a Brais Arias (segundo premio na edición do 2018 e que tamén foi xurado por GPUL na 7ª edición do premio, polo que coñece de boa man como funciona todo o proceso).
00:16 – Presentación
01:02 – Coñecendo como funciona o Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre
12:31 – Despedida
Enlaces mencionandos no programa
Sección no portal de Mancomún
https://www.mancomun.gal/premiopfc/presentacion/
Formulario de inscrición
https://www.mancomun.gal/premiopfc/formulario-de-inscricion/
Bases do concurso
https://www.mancomun.gal/premiopfc/bases/
Proxecto “Puding”, de Alejo Pacín
http://proxectopuding.blogspot.com/
https://twitter.com/proxectopuding
Proxecto “QAS Sensorización da Calidade do Aire”, de Brais Arias
https://qassensoring.wordpress.com/
https://gitlab.com/pfc_QAS/QAS
As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Canción “The Time To Run (Finale)” by Dexter Britain CC BY-SA-NC 3.0
https://dexterbritain.bandcamp.com/track/the-time-to-run-finale
– Efectos sonoros de Freesound
Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.