Estamos asistindo á “VI Xornada de Usuarios de R Galicia”, organizada pola CIXUG e na que colaboran activamente a Asociación Melisa, a Facultade de Matemáticas da USC e a AMTEGA.

Entrevistas na VI Xornada de Usuarios de R Galicia
Entrevistamos a varios dos organizadores e ás persoas que imparten os obradoiros da xornada.
00:16 – Presentación
00:35 – Falamos con María José Ginzo, unha das organizadoras da xornada e que imparte o obradoiro “Introdución ao software R“
03:58 – Entrevista a Manuel Oviedo de la Fuente, imparte o obradoiro “Multivariate and Functional Data Classication in R“
05:36 – Falamos con María Isabel Borrajo García e Mercedes Conde Amboage, imparten o obradoiro“Visualización de datos espaciais con R”
09:15 – Entrevista a Xabier Santos, membro da CIXUG
11:59 – Falamos con Miguel Ángel Rodríguez Muíños, outro dos organizadores da xornada e membro da Asociación Melisa. Miguel fálanos do “Proxecto shinyapps de MeLiSA” e do concurso “MeLiSA con R”
16:06 – Despedida
As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Piano Rock Instrumental by Hyde – Free Instrumentals, CC BY
https://www.free-stock-music.com/hyde-piano-rock-instrumental.html
– Alternative Rock Instrumental by lukenield, CC BY
https://www.free-stock-music.com/lukenield-alternative-rock-instrumental.html
– Indie/Rock Instrumental by Hyde – Free Instrumentals, CC BY
https://www.free-stock-music.com/hyde-indie-rock-arctic-monkeys-styled-instrumental.html
– Shimmer by SeaGull, CC BY
https://www.free-stock-music.com/seagull-shimmer.html
– 60s & 70s Rock Instrumental by Hyde – Free Instrumentals, CC BY-SA
https://www.free-stock-music.com/hyde-60s-and-70s-rock-instrumental.html
Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.
Enlaces mencionados no programa
Web do evento https://www.r-users.gal/


