Xoves, 18 Xuño 2020 | Participantes de "Ubuntu y otras hierbas” e “Nolegaltech Radio”.

#33-Mancomún Podcast: Difusión do software libre e organización de eventos

Episodio 33

Mancomún Podcast naceu como medio de difusión sobre o software libre e a cultura libre, pero en España existen outros medios interesante que fan unha gran labor neste campo, como é o caso de “Ubuntu y otras hierbas” e “Nolegaltech Radio”.

Difusión do software libre e organización de eventos

Neste programa contamos con varios membros destos recomendables podcast, para falar sobre como vemos o panorama actual español sobre a difusión do software libre e a organización de eventos.

Enlaces mencionados no programa

Ubuntu y otras hierbas
https://www.youtube.com/watch?v=yC_FFnir2jg&list=PLrtOacI496LQE-2js3gwgv2upN72zJpO8

Nolegaltech Radio
https://archive.org/details/nolegaltech-radio-temp-02
https://www.ivoox.com/podcast-nolegaltech-radio_sq_f1446265_1.html

As músicas usadas neste programa foron:

– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal