Mancomún
Xoves, 8 Abril 2021 | Uxío Broullón

#52-Mancomún Podcast: Podcast e música libre, con Uxío Broullón

Episodio 52

Hoxe falamos con Uxío Broullón, un home polifacético como poderedes descubrir nesta entrevista.

Uxío é ilustrador e deseñador gráfico de profesión. Estudou na Escola de Arte nº 10 de Madrid. Como ilustrador fixo traballos sobre todo de ilustración publicitaria e cartelería. Tamén realizou ilustracións para o diario dixital Vieiros, e varios montaxes audiovisuais.

Durante un tempo, no seu blogue fixo humor gráfico baixo o lema Vida Carbón. No seu twitter defínese como: broullón, cochaino, ilustrador, uxío, desenhador gráfico e podcasteiro.

Podcast e música libre, con Uxío Broullón

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

As músicas usadas neste programa foron

Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ Efectos sonoros de Freesound https://freesound.org/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal