Xoves, 25 Marzo 2021 | Marelisa Blanco

#51-Mancomún Podcast: Creative Commons con Marelisa Blanco

Episodio 51

Hoxe contamos con Marelisa Blanco, ou Mare como lle gusta que a chamen.

Segundo as súas propias palabras, Mare debuxa e é avogada, dedícase á propiedade intelectual e a facer comprensible o dereito. Fai sinxelo o complicado, ademais de infografías, vídeos, animacións, cómics e ilustracións. Tamén ensina Visual Thinking e #LegalDesign.

Como Leitmotiv ten: “Explícocho con dibuxiños” e “pon un avogado na túa vida”. Tamén investiga o dereito espacial, porque o límite é o infinito e máis aló. Con Mare imos profundar nas licenzas Creative Commons e coñecer as súas posibilidades.

Creative Commons con Marelisa Blanco

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

As músicas usadas neste programa foron

Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: 4.0 http://freemusicarchive.org/music/Timecrawler_82/Osaka_Lights/Street_Dancing Efectos sonoros de Freesound https://freesound.org/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal