David Vaquero defínese a se mesmo como consultor, programador e formador especializado en Software Libre, ademais de podcaster en República Web (podcast moi recomendable que toca temáticas afíns aos nosos programas).
Trouxemos a David a Mancomún porque nos parece unha persoa moi interesante e que colabora activamente con varias comunidades de software libre, pero sobre todo para coñecer mellor o panorama da formación en España referida ao software libre.
Formación en tecnoloxías libres con David Vaquero
Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.
Enlaces mencionados no programa
Linkedin de David Vaquero https://www.linkedin.com/in/davidvaquero/




